14.11.07

40 cm de troita


40 centímetros de troita e satisfacción.

19.9.07

36 cm.



Fantástica troita de 36 cm. Capturada no coto sen morte de Monterroso. Ese mesmo día collín outra de 40 cm. Un flipe¡¡¡¡

15.4.07

Troita con anzol


Ésta troita foi capturada con un tricóptero negro no río Parga. O curioso do caso é que tiña dentro un anzol clavado e medio metro de sedal colgando.

Anzol dentro da troita 2


Sen dúbida o anzol leveba bastante tempo clavado dentro da troita.

Primeiros lances


Durante o comezo da tempada é habitual acudir ás cabeceiras dos ríos para poder presentar as nosas moscas. Levan menos auga e ainda non apareceron as herbas que dificultarán a pesca máis adiante. É unha pesca exixente en canto ós lances e non cabe agardar grandes exemplares.

Troits vista dende a ponte


Troita aposturada vista dende unha ponte calquera.

23.6.06

Previa.-

Dous amigos momentos antes dunha xornada de pesca que resultou pouco fructífera en canto a capturas e de alta productividade en emocións.

21.6.06

Fin da xornada.



Unha intensa xornada a mosca no río Eo desfrutando do entorno, das augas cristalinas e dos ataques das pintonas ás imitacións que lles presentaba.

Troitas do Eo.

Troitas capturadas no rio Eo, no Chao do pousadoiro.

10.6.06

Bonita pescata


De vez en cando non está de mais levar algunha troita para a casa.

9.6.06

Bivalvo


No buche dunha das troitas capturadas onte atopei este curioso bivalvo. Resultoume curioso por pouco habitual.