23.6.06

Previa.-

Dous amigos momentos antes dunha xornada de pesca que resultou pouco fructífera en canto a capturas e de alta productividade en emocións.

21.6.06

Fin da xornada.



Unha intensa xornada a mosca no río Eo desfrutando do entorno, das augas cristalinas e dos ataques das pintonas ás imitacións que lles presentaba.

Troitas do Eo.

Troitas capturadas no rio Eo, no Chao do pousadoiro.

10.6.06

Bonita pescata


De vez en cando non está de mais levar algunha troita para a casa.

9.6.06

Bivalvo


No buche dunha das troitas capturadas onte atopei este curioso bivalvo. Resultoume curioso por pouco habitual.

3.5.06

Rio Oja. Baños de Rioja.

Foto do Río Oja, nas terras de Baños de Rioja. As súas augas son inmensamente cristalinas.

24.4.06

O saltón do abó de Uzal

Trátase dun saltón de vinilo que conta con mais de 30 anos de antigüidade. Era do abó do meu comañeiro Uzal, un gran pescador da zona de Mesía.

9.4.06

Píntega.-


Desfrutar da fauna que habita nas proximidades dos nosos ríos é un aliciente mais para ir de pesca.

8.2.06

Experimentado pescador.

Na foto vemos a un deses pescadores que ainda lembran os tempos nos que ir ó río e coller varios kilos de troitas era habitual.